Soutomaior aproba case 60 mil euros en subvencións para entidades deportivas e culturais
De tal modo que o Concello ven de facer efectivo o convenio e subvención coa Banda Artística de Arcade por valor de 40 mil euros, duplicando a subvención que antes recibía este asociación tan preciada e valorada no concello.
Ao igual que coa Banda Artística o incremento é notable coas outras entidades, así de tal xeito o concello aprobou a subvención nominativa por un importe de 7310,50 euros para Club Deportivo de Soutomaior, de 7142,50 para o Club Deportivo Arcade, de 1780 euros para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e de 800 euros para a Sociedade de Cazadores A Peneda.
Dende o Goberno Local informaron nesta xornada que as subvencións nominativas ascenden a preto dos 80 mil euros, subvencións que se irán adxudicando conforme as entidades presenten a documentación requirida.
O alcalde Manu Lourenzo dixo que “dende o Goberno agradecemos o traballo que fan todas as entidades e asociación na dinamización da vida cultural, deportiva e social do concello. O Goberno quere acompañar a todas estas persoas que traballan arreo para contar cun Soutomaior mellor e máis activo”.