A SENTENZA DO SUPREMO AMOSA O FRACASO DO ESTADO DE DEREITO

Lores: "Quero transmitir confianza a toda a cidadanía, porque o Concello vai seguir loitando por recuperar a ría"

Lores: "Quero transmitir confianza a toda a cidadanía, porque o Concello vai seguir loitando por recuperar a ría"

Pontevedra, 8 de marzo de 2023. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reiterou esta mañá que a sentenza do Tribunal Supremo sobre a prórroga concedida a Ence até completar 105 anos de estancia na ría de Pontevedra "é un fracaso do estado de dereito, supón cargarse a Lei de Costas e a posibilidade de protección do litoral e confirma que, no século XXI, poderoso caballero es don Dinero". De todos os xeitos, pediu "confianza" á cidadanía porque o Concello continuará loitando por recuperar a ría.

Os servizos xurídicos municipais recibiron esta mañá a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a imposibilidade de retrotraer as actuacións á Audiencia Nacional para que puidese analizar os argumentos municipais que quedaron sen abordar. De feito, o alcalde concluíu que esta decisión do alto tribunal español "é inaudita".

O alcalde dá orde aos servizos xurídicos para que "busquen todas as vías posibles de recurso" e sostén que a resolución xudicial amosa "o fracaso do estado de dereito" e lembra que "poderoso caballero es don Dinero".

De todos os xeitos, o escenario ao respecto do 7 de febreiro cando se coñeceu a resolución do TS é moi distinta porque "se abren novas posibilidades que confirman as teses do Concello: o expediente sancionador incoado pola UE contra o Estado español polo incumprimento da Directiva de Servizos, e o voto particular da sentenza do TS", explicaba Fernández Lores.

"Dei orde expresa e urxente aos servizos xurídicos -nos que temos toda a confianza e son moi competentes- para que busquen todas as posibles vías de recurso", confirmaba Miguel Anxo Fernández Lores quen afirmou que "quero transmitir a todos os cidadáns, porque sei que hai cidadáns preocupados e desacougados, que manteñan a confianza en que o Concello vai seguir loitando por todas as vías posibles para recuperar a ría. Temos dereito a reubicar a industrias que están en dominio público e tamén perto de núcleos importantes de poboación. Estou convencido, e cada vez máis, que non hai desenvolvemento económico nin de emprego sen respecto polo medio ambiente. É a nosa obriga deixar aos novos fillos e netos un planeta mellor".

Lores: "Quero transmitir confianza a toda a cidadanía, porque o Concello vai seguir loitando por recuperar a ría"