O concello de Soutomaior propón impulsar a figura de María Vinyals no 150 aniversario do seu nacemento

Silvia Cernadas, Luis Lopez, Manu Lourenzo e Javier Bas
Silvia Cernadas, Luis Lopez, Manu Lourenzo e Javier Bas
O concello de Soutomaior propón impulsar a figura de María Vinyals no 150 aniversario do seu nacemento

Soutomaior, 21 de outubro de 2024. Dende o concello de Soutomaior solicitaron a colaboración da Deputación provincial nos actos de enxalzamento do 150 aniversario de María Vinyals, unha data que se conmemorará o próximo 14 de agosto de 2025. 

Dende o concello queren que o próximo ano constitúa un antes e un despois na proxección e divulgación da obra e a traxectoria de María Vinyals.  O alcalde agradeceu a boa a acollida e resposta por parte do Presidente Provincial, Luís López. e afirmamou que a colaboración institucional é necesaria en beneficio da veciñanza. 

María Vinyals naceu no castelo de Soutomaior e destacou como escritora e feminista nun momento en que as mulleres tiñan un acceso moi restrinxido á esfera pública. Falar da súa figura é falar dunha muller silenciada durante anos e, por iso, o concello de Soutomaior fará o que estea nas súas mans para que María Vinyals ocupe o lugar que lle corresponde na historia.

Un encontro onde dende a Deputación se lle informou ao concello que a modificación de crédito do ReacPon de preto de 350 mil euros irá esta semana a pleno, unha modificación de crédito que segundo palabras de Manu Lourenzo “permitirá a Soutomaior ter a liquidez e o financiamento necesario para acometer importantes obras”.  

O concello de Soutomaior propón impulsar a figura de María Vinyals no 150 aniversario do seu nacemento