AS INSTALACIÓNS RESULTARON AFECTADAS POLOS TEMPORAIS

O Concello de Pontevedra investirá preto de 579.000 euros para reparar o Pavillón de Marcón, o edificio de Michelena 30, a Casa da Luz e a Escola infantil da Parda

O Concello de Pontevedra investirá preto de 579.000 euros para reparar o Pavillón de Marcón, o edificio de Michelena 30, a Casa da Luz e a Escola infantil da Parda

A Xunta de goberno de Pontevedra ven de aprobar a realización por emerxencia de catro instalacións municipais afectadas polos últimos temporais por un importe de 579.031,29 euros. Tal e como se apuntaba, os desperfectos nestes edificios municipais foron consecuencia dos ventos e das choivas dos últimos meses, o que provocou estas actuacións de emerxencia que permitirán seguir utilizando estas instalacións con normalidade. 

A relación de actuacións é a seguinte:

  • Pavillón de Marcón: 146.173,60€ – Substitución de paneis na cuberta, modificación dos canalóns, colocación a maiores de aliviadoiros de auga nos propios canalóns e impermeabilización da cuberta e da zona de vestiarios.  
  • Edificio municipal de Michelena 30:  83.078,35€– Colocación dunha nova liña de vida para permitir o mantemento da cuberta, arranxo e impermeabilización do canalón e instalación dun novo lucernario (aluminio con panel de policarbonato).
  • Casa da Luz: 172.614,16€– Retirada de mobiliario, substitución de tabiques e pavimento, substitución de portas e, o fundamental, colocación de bombas para a evacuación da auga con conexión coa rede de pluviais xunto cun sistema de alarmas por fallo eléctrico. 
  • Escola infantil da Parda: 177.165,18€ – Arranxo do perímetro na zona do patio exterior e da zona de pendente da entrada, executando un sumidoiro de recollida de pluviais. Gavia de drenaxe no perímetro do edificio e reparación de pavimentos do interior e exterior. 
O Concello de Pontevedra investirá preto de 579.000 euros para reparar o Pavillón de Marcón, o edificio de Michelena 30, a Casa da Luz e a Escola infantil da Parda