27 DE ABRIL

Centos de palilleiras encherán o Recinto Feiral no XVII Encontro de Palilleiras

Presentación do XVII Encontro de Palilleiras
Presentación do XVII Encontro de Palilleiras
Centos de palilleiras encherán o Recinto Feiral no XVII Encontro de Palilleiras

Pontevedra, 7 de abril de 2025. Non caberá unha palilleira máis. Así de cheo e así de masivo será o encontro XVII Encontro de Palilleiras do Concello de Pontevedra que se celebrará o vindeiro 27 de abril, no Recinto Feiral. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou esta nova edición da clásica cita acompañado da asociación A Fieitiña, encargada da súa organización, representada pola súa presidenta, Esperanza Marín. 

O rexedor lembrou que este é un evento consolidado, promovido pola asociación de Monte Porreiro, e un exemplo á hora de divulgar tradición, cultura e socialización. 

“A verdade que é un encontro dos máis importantes do Estado no referido á súa calidade e número de palilleiras”, indicou. “A Fieitiña procura un trato exquisito para todas as participantes tal e como quedou demostrado ao longo dos anos. Sempre contarán co noso apoio á hora de levalo a cabo”. 

Fernández Lores explicou o orgullosa que se sente a cidade de poder acoller esta cita, que posiciona a Pontevedra e que achega até a cidade a milleiros de persoas ao longo dunha xornada realmente especial. “Pon en valor a artesanía, que cada vez tan máis importancia como motor económico no país”. 

Pola súa banda, Esperanza Marín agradeceu o apoio do Concello, ao tempo que anunciou un obradoiro coa profesora húngara Bistra Pisancheva, que se celebrará esta mesma fin de semana (12 e 13 de abril). 

Centos de palilleiras encherán o Recinto Feiral no XVII Encontro de Palilleiras