O Concello de Pontevedra aproba dous novos convenios coa DEPO por valor de máis de 350.000 euros

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
O Concello de Pontevedra aproba dous novos convenios coa DEPO por valor de máis de 350.000 euros

Miguel Anxo Fernández Lores, informou despois da Xunta de Goberno do 26 de xuño, da Xunta de Goberno Local da aprobación de dous convenios coa Deputación de Pontevedra: a actualización da infraestrutura da base de datos municipal -142.937,83 euros- e a renovación do céspede artificial do CMF Manolo Barreiro -210.540,00 euros-. 

O rexedor indicou que coa sinatura destes dos convenios se chegará ao total de 2.344.081,39 euros, cantidade próxima aos 2.500.000 euros que a DEPO pon a disposición do Concello de Pontevedra á hora de financiar distintos proxectos e obras, segundo considere o organismo municipal. 

O rexedor indicou que “agardamos poder facer un futuro convenio para utilizar todos os fondos acordados coa institución provincial”. “Estas son as obras recollidas para este ano 2025. En todo caso, teño que dicir que desde o ano 2019, intre no se que se comezou a subvencionar con 2,5 millóns de euros a Pontevedra, non experimentou ningún crecemento, crecemento que si se deu noutros municipios, agás Pontevedra e Vigo”. 

“Sempre tiñamos aportacións extraordinarias que permitían superar os tres millóns de euros, como é o tema do tríatlon ou a variante de Montecelo, pero agora non está a ser así”, explicou. 

O Concello de Pontevedra aproba dous novos convenios coa DEPO por valor de máis de 350.000 euros