Pontevedra avanza na Parda nunha das maiores operacións urbanísticas da súa historia

Miguel Anxo Fernández Lores na presentación do PIE da Parda
Miguel Anxo Fernández Lores na presentación do PIE da Parda
Pontevedra avanza na Parda nunha das maiores operacións urbanísticas da súa historia

Logo da súa aprobación en Xunta de Goberno Local este venres, 27 de xuño, o Concello de Pontevedra vén de darlle conformidade a declaración de interese autonómico de actuacións de creación de solo destinado a vivenda protexida no sector B5 do PXOM e terreos situados ao noroeste deste sector. 

Na práctica, e tal e como indicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, avanzase na que será unha das maiores operacións urbanísticas da historia da cidade, abríndolle a porta a construción de máis de 2.000 vivendas no barrio de Parda. 

PIA A Parda
PIA A Parda

“Esta proposta de ordenación é a última que nos chegou desde a Xunta e é a que conta coa nosa aprobación desde hoxe mesmo”, explicou o rexedor. “A área de actuación vai desde Juviol, onde está prevista unha rotonda que conecte coa antiga estrada de Ourense, conectando tamén coa Ronda Leste”. A zona inclúe uns 4.000 m2 construídos que serán respectados. 

O alcalde fixo fincapé en que o acordo coa Xunta de Galiza chega acompañado dunha condición desde o Concello de Pontevedra, incluída no acordo, para que toda a zona entre a rotonda na avenida das Chans e os edificios de Frigoríficos de Pontevedra, e que non está dentro da delimitación, sexa conectada e conte cuns viais adecuados, garantindo a permeabilidade e accesibilidade cara a cidade. 

“Este proxecto amplía e fai medrar a cidade, convertendo unha zona que contaba cunha posíbel edificación de 400 vivendas, a máis de 2.000, o que significa un aumento de máis de 1.500 vivendas na capacidade edificatoria do Concello, que anda sobre as 20.000 vivendas pendentes por facer”, indicou. “Fixemos toda esta tramitación nun tempo récord porque sabemos o impotante que é e os beneficios que pode ter para a cidade. Pola nosa banda, fixemos todo o posíbel e todo o que podiamos facer”. 

Pontevedra avanza na Parda nunha das maiores operacións urbanísticas da súa historia