A OBRA, DE CASE DOUS MILLÓNS DE EUROS, ESTARÁ LISTA ESTE MESMO ANO

O campo de fútbol de Salcedo cada vez máis perto de ser unha realidade

Campo de fútbol de Salcedo
Campo de fútbol de Salcedo
O campo de fútbol de Salcedo cada vez máis perto de ser unha realidade

As obras do campo de fútbol de Salcedo, de case dous millóns de euros, están xa na súa recta final e agárdase que poidan estar rematadas este mesmo ano. 

O campo xa loce avanzado, amosando o céspede artificial que será utilizado polos futbolistas locais e visitantes. O alcalde de Ponte vedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que “Salcedo conta cun equipo de fútbol histórico” e que a creación deste campo vén saldar unha débeda coa parroquia. “Foi un proxecto moi difícil de sacar adiante, xurdiron distintos problemas coa localización primeira, logo problemas de deseño do mesmo campo, logo de tramitación... Sexa como for, hoxe é un día de alegría e celebración. Os traballos están avanzados e en cuestión de meses, antes de finais de ano segundo a empresa, a parroquia de Salcedo vivirá un antes e un despois cun equipamento do século XXI”. 

Fernández Lores sinalou que o campo de fútbol pretende ser algo máis que un campo, sendo un punto de encontro para outros deportes como a bicicleta, sendo un espazo de encontro e convivencia para todo Salcedo. “Quero agradecerlle á Deputación, que asinamos hai xa tempo un convenio para cofinanciar o proxecto, mais tamén aos comuneiros que cederon os seus terreos para que isto sexa unha realidade. Hai unha comunicación excelente e fluída entre todas as partes”, finalizou. “Estamos ao servizo da veciñanza e seguiremos neste camiño”. 

O campo de fútbol de Salcedo cada vez máis perto de ser unha realidade