A Xunta obriga a incluír Ence como zona industrial no novo PXOM
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reitera a obriga do Concello de incluír os terreos que ocupa Ence como industriais no futuro Plan Xeral. Para o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera "este é un obstáculo insalvábel para continuar coa tramitación do Plan Xeral".
Coas sentenzas do Tribunal Supremo e do Superior de Xustiza de Galicia na man, o Concello preguntou á Consellaría si debía incluír o Plan Sectorial de Ence, e deixar a perpetuidade eses terreos con cualificación industrial; ou non.
A contestación da Xunta reitérase nun informe da Xunta de agosto de 2010, na que se recolle como plan sectorial a incluír o de Ence, entre outros. Para César Mosquera, "este obstáculo é insalvábel". Lembrou que si as declaracións públicas que fan os dirixentes da Xunta sobre o futuro de Ence en Lourizán, sobre o seu traslado, se correspondesen coa realidade "terían marco legal nestas sentenzas ditadas sobre o Proxecto Sectorial, pero a realidade é que cada comunicación oficial que fan ao respecto vai no sentido contrario a esa opinión que defenden en público".
Para o concelleiro de Infraestruturas existen dous obstáculos para continuar coa tramitación do Plan Xeral: a inclusión de Ence como zona industrial e a negociación da edificabilidade. "Sempre pensamos que a primeira sería un obsáculo que tería unha solución fácil, e estabamos dispostos a pelexar pola edificabilidade, pero vemos que nin sequera é así", concluíu Mosquera.