O BNG defende a inclusión de Pontevedra na rede europea de transporte
En rolda de prensa conxunta do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, da Portavoz Municipal do BNG en Marin, Pilar Branco, e da eurodeputada Ana Miranda, o BNG trasladou a necesidade de que a comarca de Pontevedra esté incluida na política de fondos destinados aos transportes europeos que está a debate na actualidade.
A Rede Europea de Transportes é a proposta de deseño das grandes infraestructuras terrestres, marítimas e aéreas para o periodo 2014-2020.
A eurodeputada do BNG explicou que foron presentadas no Parlamento Europeo dúas enmendas relativas á inclusión do Porto de Marin na Rede Global de infraestructuras europeas, para recebir fondos antes de 2050. Se o BNG non fai a proposta, o Porto de Marín ficaría excluido da Rede Global, afirmou.
O BNG defende con feitos, e traballando en equipo en todas as instancias nas que está representado, a importancia do Porto de Marín para a economía comarcal.
A segunda emenda presentada refírese a inclusión da Plataforma Loxística Intermodal de Pontevedra, para reforzar a intermodalidade de transporte e incluír a cidade de Pontevedra tanto na interligación co Porto de Marín como no desenvolvimento de transporte de carga na rede global.
Estas iniciativas foron presentadas polo BNG na Comisión de Transporte do Parlamento Europeo e van ser votadas na semana vindeira. O BNG fai unha chamada ao resto das organizacións políticas para que voten a favor dunha proposta que beneficia á comarca de Pontevedra.