A Universidade Autónoma de Barcelona difundirá o modelo de cidade de Pontevedra

A Universidade Autónoma de Barcelona difundirá o modelo de cidade de Pontevedra

https://www.youtube.com/watch?v=eBcdiNYXsk4

Pontevedra, 13 de febreiro de 2015. Un día despois de que Pontevedra protagonizase o seminario iberoamericano de urbanismo celebrado en Barcelona, o alcalde e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosqueira reuníronse con profesorado e investigadores do departamento de xeografía da Universidade Autónoma de Barcelona.

Froito deste encontro, o Concello asinará un convenio marco para favorecer o intercambio de experiencias e coñecemento en materia de xestión sustentábel coa Universidade Autónoma de Barcelona.

Na xuntanza que celebraron o alcalde e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosqueira, participaron profesores de varias seccións do departamento, relacionadas coa biodiversidade, a mobilidade, a seguridade viaria e a xestión pública. Ambos concluiron o grande interese que a nivel científico ten Pontevedra para o intercambio de datos e coñecementos relacionados con estes campos, tanto a nivel de comparativas, elaboración de informes e teses doutorais ou o estudo de diferentes parámetros.

Este grupo de traballo, inserido na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade, traballa con outros grupos de Iberoamérica, especialmente de Universidades de México, Perú e Arxentina.

A Universidade Autónoma de Barcelona difundirá o modelo de cidade de Pontevedra