Un investimento de 475.000 euros permite pechar o saneamento en sete parroquias do rural pontevedrés
As parroquias de Lérez e Tomeza completarán o seu saneamento neste ano, segundo informou esta o concelleiro responsábel do Ciclo da auga, Raimundo González, quen presentou os tres últimos proxectos de saneamento do rural que executará a súa concellaría nestas parroquias e tamén nas de Santa María e Santo André de Xeve, nos vindeiros seis meses.
Un investimento total de 475.000 euros, que sumados aos proxectos realizados nos últimos meses polo Concello, supón un orzamento de 1,3 millóns de euros en saneamento no rural pontevedrés.
Raimundo González explicou que con estas tres últimas obras do segundo convenio de saneamento asinado coa Xunta de Galicia terán completo o seu saneamento as parroquias de Mourente, Lourizán, Salcedo, Ponte Sampaio, Canicouva, Lérez e Tomeza. E no resto, a rede de saneamento está moi avanzado.