O pavillón municipal de Barro estreará este ano a súa nova cuberta

O pavillón municipal de Barro estreará este ano a súa nova cuberta

Barro, 24 de abril de 2024. O Xunta de Goberno local do concello de Barro vén de adxudicar o proxecto para a renovación da cuberta do pavillón municipal de Santo Antoniño nun proceso que espertou moito interese e ao que se presentaron máis de 20 ofertas. 

O orzamento base de licitación era de 150.000 euros, IVE incluído, e a mellor oferta recibida foi de 112.641,84 euros, o que permitirá aforrar arredor do 25% do proxecto. 

O pavillón municipal de Santo Antoniño é unha das instalacións municipais de maior uso, ao acoller tanto as actividades deportivas dos colectivos locais e ao ser as instalacións que usa o colexio Amor Ruibal para as aulas de Educación física. 

É por isto que a intención do concello é que as obras se executen nos meses de verán, para causar as menores molestias posibles á comunidade educativa e ao sector deportivo do municipio, por ser o período de menor actividade. 

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mostrou a súa satisfacción con esta adxudicación “porque nos vai permitir poñer a punto este mesmo ano unhas instalacións que o veñen demandando desde hai tempo e que facilitará que se poida desenvolver a actividade deportiva en Barro con total normalidade”. 

O pavillón municipal de Barro estreará este ano a súa nova cuberta