A ACIGA escolle Pontevedra como espazo para a realización do seu primeiro grande evento, combinando música e cervexa artesá

A ACIGA escolle Pontevedra como espazo para a realización do seu primeiro grande evento, combinando música e cervexa artesá

Pontevedra, 23 de abril de 2024. Pontevedra terá unha cita imperdíbel coa cerveza artesá e os seus produtores grazas ao festival que a Asociación de Cerveceiros Independentes Galegos Artesáns realizarán na cidade de Pontevedra entre o 30 de abril e o 4 de maio. 

Trátase dunha programación especial e ampla, que inclúe unha xornada técnica alimentaria promovida pola propia ACIGA, o 30 de abril; os Premios ACIGA, o 1 de maio, a Feira de artesanía, vinilos e 2a man entre o 1 e o 2 de maio; e o festival de música Troneira Fest, entre o 3 e o 4 de maio. Todo isto dacabalo entre o Pazo da Cultura e o Recinto Feiral. 

Así o presentou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, sinalando que este é un evento “pensado e ideado para esta cidade”, e único nas súas catacterísticas dentro de toda Galiza. “Estou moi agradecida a ACIGA ao pensaren en nós como sede deste evento. Sempre é un orgullo albergar durante estes días este evento. Está moi ben deseñado, moi ben pensado e só quero dicir que é unha proposta ambiciosa e seria, que pretende poñer en valor un produto tan interesante como é a cervexa artesá, mais aínda nesta época de consumo masificado e comercial, competindo con grandes nomes da industria”. 

O Concello de Pontevedra respaldará esta iniciativa, que combina de xeito exemplar o lecer, coa visibilización da industria alimentaria galega e de proximidade. 

Pola súa banda, o presidente da ACIGA, Alberte Fernández, lembra que a asociación leva desde o ano 2020 traballando no ámbito da cervexa artesá, agrupando a gran maioría de selos de cervexa artesá existentes no país. 

Cómpre indicar que dentro deste Festival ACIGA está o Troneira Fest, que funciona como un festival de música punk-rock de bandas galegas e doutros lugares do Estado. 

Todas as actividades incluídas na programación son de balde. A maiores destas actividades, figuran outras paralelas como a deguración de produtos alimentarios de Galiza, catas, exposicións benéficas, xogos infantís ou monólogos.

A ACIGA escolle Pontevedra como espazo para a realización do seu primeiro grande evento, combinando música e cervexa artesá