Aberta ao público a nova zona verde na xunqueira da Gándara

Aberta ao público a nova zona verde na xunqueira da Gándara

Pontevedra, 12 de abril de 2024. As veciñas e veciños de Pontevedra poden gozar xa da zona verde creada onde non hai moito a Deputación contaba co parque de maquinaria e a imprenta provincial Unha gran zona verde -impulsada desde o BNG no goberno municipal e na deputación de Pontevedra- que agardamos poder ampliar nun futuro cercano unha vez abandonen esta zona da Xunqueira as instalacións que aínda manteñen Xunta e Goberno central.

Árbores autóctonas, sendas, iluminación pública e mobiliario urbano conforma este novo espazo, que tivo un investimento total de máis de catro millóns de euros, incluído a demolición das instalacións da Imprenta Provincial e do Parque de Maquinaria, o traslado desta ao Polígono de Barro, e a recuperación ambiental das parcelas.

César Mosquera, o artícife no pasado mandato desde a Deputación da rexeneración destes terreos, comentou que están en marcha as xestións para recuperar o resto de terreos de dominio público que hai neste espazo e nos que aínda existen concesións da Xunta e do Estado.

Así, lembrou que Tráfico acepta liberar a parcela que ocupa e está a estudar os terreos alternativos ofrecidos polo Concello.

En canto á Xunta, Medio Rural será quen antes abandone estes terreos, ao trasladar unha parte á base de helicópteros antiincendios de O Campiño e outra parte ao polígono de Botos, en Lalín.

Aberta ao público a nova zona verde na xunqueira da Gándara