O BNG á cabeza da loita contra os desafiuzamentos

O BNG á cabeza da loita contra os desafiuzamentos

Dentro da ofensiva que está a levar o BNG en todas as institucións, o Concello de Pontevedra vén de aprobar unha moción na que se solicita a modificación da Lei Hipotecaria e a adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

A moción aprobada insta á Xunta a demandar do Goberno do Estado a creación dun réxime especial para a execución dos préstamos sobre vivendas e locais comerciais para protexer as familias sobreendebedadas, modificando todas aquelas normas e leis que sexan precisas con carácter retroactivo, e que recolla as seguintes medidas:

  1. Modificar de forma inmediata da Lei Hipotecaria, eliminando as cláusulas abusivas que só favorecen á banca acreedora.
  2. Establecer a posibilidade de transformar as cuotas nun aluguer social para non abandonar a vivenda, tendo en conta a escolarización de menores, atención a dependentes e outras circunstancias que afecten á unidade familiar.
  3. Suspender de forma temporal do pago de cuotas sen acumulación de intereses.
  4. Habilitar un fondo económico especial para atender as situacións de emerxencia por perda de vivenda.
  5. Contemplar a dación en pago voluntaria como medida para saldar a débeda garantizando ademais a opción de compra no futuro, para os caos que se transformen en alugueres sociais.

O tema dos desafiuzamentos é o exemplo máis claro do camiño emprendido hai moitos anos polos gobernos estatais. O inmenso impacto humano e económico que supón garante a fractura social e arruína para toda a vida a miles de familias. A corresponsabilidade banco/Estado/familia é imprescindíbel para saír deste buraco onde nos meteu o capitalismo slvaxe, axudado polo "austeridade" deseñada exclusivamente para arrincar dereitos laborais, servizos públicos e benestar as persoas traballadoras.

A crise e o desemprego fixo agromar o desastre destas políticas, empurrando á indixencia a miles de traballadores e traballadoras e aos seus avalistas, moitos deles pensionistas, que lles arrancan o pouco patrimonio que teñen.

Ante isto o goberno do PP só é incapaz de poñerlle números ao que a gran banca lle dita, nun Real Decreto ue deixa fóra á imensa maioría dos afectados e lávalle a cara aos acreedores, que seguirán aplicando intereses abusivos e botando á rúa a familias e persoas vítimas da usura do sistema. 0,3 billóns de euros corren o risco de non cobrarse e parece que o único interese do PP é que se paguen por riba de todo.

O BNG leva desde marzo advertindo que hai que lexislar con visión social, económica e humana, facendo propostas no Congreso dos deputados para protexer ás familias arruinadas por mor da crise, pero esas propostas non parecían urxentes nin para o PP nin para o PSOE, que tiñan como único obxectivo rescatar á banca.

 

O BNG á cabeza da loita contra os desafiuzamentos