Soutomaior estrea a APP "Meu Concello"
Soutomaior, 14 de xuño. Neste mes de xuño Soutomaior pon en funcionamento a APP Meu Concello. A través desta canle directa de comunicación, as veciñas e veciños poden pór en coñecemento do concello todos os desperfectos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así poder dar solución ás cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Meu Concello. Para isto, o usuario ten que acceder a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada. Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta. Posteriormente, a ou o usuario selecciona o municipio de Soutomaior. A partir dese momento, xa pode comezar a utilizar o servizo. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Con instalación desta APP Manu Lourenzo, dixo que “dende o concello queremos traballar para mellorar a transparencia e axilizar a comunicación coas veciñas e veciños. Consideramos que esta iniciativa vai a facilitar todo isto a nosa veciñanza e por iso dende o Goberno Local sumámonos e agradecemos o soporte informático creado pola Deputación Provincial. Unha vez máis a colaboración entre institucións trae beneficios e con esta xestión o Goberno Local busca unir esforzos en beneficio da veciñanza”.
Para comunicar unha incidencia nesta APP, basta con pinchar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De maneira automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se localiza o desperfecto. O seguinte paso é axuntat a foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa soamente queda darlle ao botón de enviar. Unha vez enviada o persoal do concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar á incidencia detectada. A persoa á súa vez recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio de estado. Tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón “enviadas”:
O servizo Meu Concello tamén se pode acceder a través do dominio https://soutomaior.meuconcello.com. Basta con introducir unhas claves de acceso para así poder utilizar todas as funcionalidades que ofrece a ferramenta.
Dende o concello de Soutomaior animan á veciñanza a utilizar a APP Meu Concello. A través da implantación desta canle directa de comunicación entre as veciñas e veciños do concello. Un concello que con este APP pretende coñecer as necesidades reais do municipio para así poder atender ás peticións da veciñanza.