Rotundo éxito das festas de Verán en Caldas de Reis
“As festas de verán foron un rotundo éxito. De aí, para arriba”. Así o manifestou hoxe o Tenente de Alcalde do Concello de Caldas de Reis Manuel Fariña, quen sinala a boa acollida de todas as actividades do programa e a altísima asistencia tanto aos concertos como aos actos tradi- cionais. “Poucas veces se viu tanta xente na rúa, se é que algunha vez se conseguira antes isto”, destacou.
O cheo foi notorio desde os primeiros compases da semana grande cos actos e eventos previos ta- mén na Feira Tradicional. Segundo subliña o concelleiro, foron varias ducias de milleiros de perso- as locais e visitantes as que pasaron tanto polos concertos como polo campo da festa. “No concer - to de Sés había máis de 2.000 persoas, no de Xabier Díaz case se chegaba a elas, e no concerto da Banda de Caldas con Serafín Zubiri houbo máis de 4.000. Foi a gran atracción das festas, un acerto sen paliativos”, apuntou.
O Tenente de Alcalde, Manuel Fariña, destaca a alta asistencia rexistrada en todos os concertos e actos programados
No caso das verbenas a percepción do Concello foi que todas resultaron tamén un éxito, sobre- saíndo as actuacións de América, Panorama e do Combo Dominicano, que “abarrotaron a vila”. Ta- mén a Ponte da Ferrería, o malecón e a carballeira estiveron cheos de xente para asistir ao espec - táculo pirotécnico do Combate Naval. “Ata os pasarrúas levaban grande cantidade de xente. Real- mente foi unha semana espectacular”, subliña o nacionalista.
Ademais da que considera boa elección dos grupos e artistas, Fariña destaca que o maior número de felicitacións ao Concello pola organización das festas de verán deste ano chegou “sen dúbida” pola recuperación do escenario acuático no Umia. “O feedback foi impresionante. A xente estivo realmente encantada coa recuperación do palco do río. Era un soño poder devolverlle a Caldas unha icona das festas que se botaba moito en falta. A acollida non puido ser mellor”, subliña o Tenente de Alcalde.
Aluvión de felicitacións por recuperar o escenario acuático, que tanto artistas como asistentes cualifican como “o mellor auditorio ao aire libre do mundo”
Salienta Fariña que no só a veciñanza e visitantes aplaudiron a volta do escenario ao río, senón ta- mén as e os artistas que actuaron nel. Neste sentido, ben directamente, a través das empresas re- presentantes e incluso nas redes sociais –como fixo Xabier Díaz-, fixeron chegar á organización os seus parabéns pola singularidade e idoneidade do espazo para os espectáculos. “Demostramos que co palco no río temos un dos mellores auditorios do mundo”, sentenza Fariña.
Finalmente, o edil do BNG agradeceu o arduo traballo que realizaron todas e todos os que partici- paron na organización dos festexos, xa que “sacan o mellor para que todas e todos gocemos, des - de traballadores municipais, equipo técnico, corpos e forzas de seguridade e Protección Civil, así como á área de limpeza, e tamén o noso tecido social e empresarial que apostan porque as nosas festas sexan cada ano mellores”.