Pontevedra, referente urbano no mundo
Pontevedra, 3 de xuño de 2022. O interese que xera a vila de Pontevedra a través do seu modelo urbano e de cidade continúa a ser unha constante no tempo. Así o demostran os últimos convites recibidos no Concello de Pontevedra e que deixan por diante un mes de xuño cargado de citas internacionais nas que diferentes representantes institucionais e técnicos representarán a Boa Vila no mundo.
As características de cada cita son únicas, e afondan en diferentes puntos que van máis aló do propio urbanismo, tratando tamén de entender o modelo deportivo —o dunha cidade que acolle eventos internacionais só vistos en capitais moito máis grandes—, o modelo cultural ou a loita contra o cambio climático.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalou que este tipo de convites serían impagábeis no sentido promocional, e permiten levar o nome da cidade a espazos e lugares que outras cidades non poden permitirse, elevándose como un referente internacional en diversos ámbitos, froito do traballo participativo de toda a cidade e o mantemento e respecto polo modelo.
BARCELONA (Cataluña). 7 de xuño
Charla telemática sobre "a cidade peonil" organizada pola Deputación de Barcelona
BELFAST (Irlanda do Norte). 10 de xuño
Xornada sobre "liderado climático" organizada pola Academia de Urbanismo do Reino Unido
GIRONA (Cataluña). 13-14 de xuño
Xornadas sobre "a cidade que queremos" organizada pola Fundación Arquitectura e Sociedade e a Asociación Arquitectos pola Arquitectura
Madrid (España). 15 de xuño
Congreso Global Mobility Call. Relatorio sobre "Mobilidade sustentábel e diversa para unha cidade máis humana e saudábel", organizada polo Foro das Cidades de Madrid.
Helsingborg (Suecia). 15-16 de xuño
Relatorio: “A creación de lugares como un esforzo de toda a cidade: como os municipios poden crear lugares exitosos e fortalecer comunidades”, organizado por H22 City Expo, Cidade de Helsingborg e Placemaking Europe
Madrid (España). 21 de xuño
“Sinatura do protocolo de colaboración para a celebración en Pontevedra do Campionato europeo de Cyclo-Cross 2024”
Estrasburgo (Franza). 28-29-30 de xuño
Congreso: II Foro Europeo sobre os centros das cidades - Intervención no Parlamento Europeo (no marco da presidencia francesa do consello invitados por unha das asociacións máis infulíntes de Francia, Centre Ville en Movement