A XUNTA DECRETOU A PREALERTA POR ESCASEZA DE AUGA NO LÉREZ

Pontevedra recomenda un consumo responsábel de auga

Pontillón
Pontillón
Pontevedra recomenda un consumo responsábel de auga

A prealerta por escaseza de auga na cunca do Lérez, decretada esta semana pola Xunta de Galiza, obrigou ao concello de Pontevedra a dar a coñecer á cidadanía diversas recomendacións para aforrar no consumo de auga. 

Asó, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que aínda que neste momento o abastacemento está garantido a todos os municipios que collen auga do Lérez, é fundamental concienciar á poboación e as empresas sobre o seu consumo diario para asegurar o aforro de auga e o uso racional do recurso. 

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local acordou as seguintes recomendacións no uso da auga á cidadadanía e ás empresas e entidades: 

  • Concienciar do uso sustentable da auga por parte de toda a cidadanía. 
  • Que non se use a auga apta para consumo humano para encher piscinas particulares, regos de xardíns e limpeza de coches por particulares, etc. 
  • Moderar os consumos municipais (baldeos das rúas, regos de xardíns, fontes ornamentais, e outros). 
  • Promover a instalación de dispositivos de aforro doméstico así coma doutras medidas para evitar o uso innecesario da auga, tales coma a utilización de sistemas de aforro de auga nas billas, pechar a billa durante o cepillado ou empregar a ducha no lugar do baño para evitar o uso de auga innecesaria. 
  • Instar ás empresas e industrias a minimizar o consumo e a un uso razoable da auga do abastecemento municipal, tendo en conta que o uso prioritario é o do abastecemento á poboación. 
  • Que se tome conciencia da importancia de levar a cabo medidas de aforro no consumo da auga, evitando o malgasto e minimizando os usos prescindibles. 

Doutra banda, Lores sinalou que a día de hoxe o Pontillón está ao 95 % da súa capacidade como reserva de auga, polo que “Temos un colchón de auga que non é preciso usar aínda”. “O abastecemento está asegurado grazas a un sistema moi robusto, cun nivel de perdas mínimo”. 

Pontevedra recomenda un consumo responsábel de auga