Pontevedra postúlase para acoller en 2026 até catro campionatos distintos de natación

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
Pontevedra postúlase para acoller en 2026 até catro campionatos distintos de natación

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, informou que Pontevedra acollerá, no mes de decembro neste ano, a Copa de España de clubs Primeira división de Natación. Será a cita que peche o calendario deportivo deste 2025 na cidade. 

“Trátase dunha época interesante, xa que é un campionato que moverá unha chea de xente nunha época relativamente baixa, antes do Nadal”, sinalou o rexedor. “Ademais deste evento, que xa está pechado, na xuntanza que o Concello mantivo coas Federacións Galega e Española de natación, está sobre a mesa a celebración de varias citas ao longo do vindeiro ano. Agardamos poder ir confirmándoas aos poucos”. 

Así, Fernández Lores indicou que Pontevedra postúlase como sede para acoller ao longo do ano que vén unha Copa do Mundo de Natación Artística (que permanecería en Pontevedra até un total de tres anos, 2026, 2027 e 2028); o Campionato de España por Federacións Autonómicas junior e infantil de natación (en febreiro); o Campionato de España alevín e infantil de inverno de natación artística (en marzo) e, por último, a Etapa final da Copa de España de Augas Abertas (en setembro, días antes da Gran Final das Series Mundiais, o que permitiría reutilización da loxística e abaratar custes. 

“Estas son as catro competicións que, en sintonía cos clubs da cidade e coa Fundación Rías do Sur, Pontevedra solicita este ano”, recapitulou o alcalde. “Estamos traballando e planificando toda a axenda deportiva do ano que vén, que será emocionante e espectacular, en constante crecement”. 

Pontevedra postúlase para acoller en 2026 até catro campionatos distintos de natación