Concello de Pontevedra e Escola Oficial de Idiomas incrementan a súa colaboración

Reunión Escola oficial de idiomas
Reunión Escola oficial de idiomas
Concello de Pontevedra e Escola Oficial de Idiomas incrementan a súa colaboración

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiuá directora e á xefa de estudos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra para estreitar os lazos de colaboración entre as dúas entidades. O alcalde explicou que o Concello xa colaborou previamente coa Escola como nos campionatos internacionais de tríatlon ou, incluso, ofertando cursos para taxistas, pero agora ambas institucións están dispostas a incrementar esta colaboración "porque o turismo cada vez é máis internacional e cada vez temos máis eventos de ámbito internacional. Eles queren botar unha man". 

A directora do centro María Fernández González explicou que a colaboración podería chegar ao programa “Noites Abertas” incluíndo algún obradoiro que pode facer a Escola ou nos futuros eventos deportivos internacionais que ten programados o Concello. O obxectivo da EOI é dar a coñecer o traballo da escola entre a veciñanza e achegar a súa oferta a toda a comunidade. 

Concello de Pontevedra e Escola Oficial de Idiomas incrementan a súa colaboración