Pontevedra lanza axudas por valor de 60.000 euros para a adquisición de taxis adaptados
Pontevedra, 30 de abril de 2024. O Concello de Pontevedra vén de lanzar novas axudas para a adquisición de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducidade, coñecidos habitualmente como eurotaxis.
Mosquera explicou que estas axudas son semellantes as que xa foran ofrecidas ao redor do ano 2017 como unha primeira liña de subvebcións para fomentar a escolla destes vehículos por parte do sector do taxi; fiándose co propio modelo de cidade, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza. Cómpre sinalar que este tipo de vehículo é máis caro que un turismo normal, tanto polo seu tamaño como pola súa montaxe, ademais de contar con inspeccións técnicas máis complexas.
A normativa europea indica que nas cidades o 5 % do parque de taxis deben ser adaptados. Pontevedra cumpriría con esta cifra, polo que as novas subvencións procurarían seguir mantendo esta dinámica e mesmo mellorala.
A nova liña de subvencións, cuxa memoria xa foi asinada e emitida polo concelleiro de Mobilidade, César Mosquera, foi consensuada coa Asociación de Taxistas da cidade, após unha reunión entre os seus representantes e o edil. A vindeira modificación de crédito incluirá unha partida de 60.000 euros para poder concedelas, puidendo optar os taxistas interesados a 10.000 euros por vehículo.