Pontevedra contará cunha nova rúa entre Eduardo Pondal e 12 de novembro

Pontevedra, 20 de febreiro de 2025. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou a aprobación do proxecto de construción da rúa Barreiriñas, que conecta 12 de novembro con Eduardo Pondal e que figura como a derradeira rúa que quedaba por abrirse na Unidade de Actuación 18, dentro do PXOM. O seu nomeamento data de hai xa máis de quince anos, cando se iniciou o desenvolvemento desta Unidade de Actuación.
Será unha rúa con prioridade peonil, que permitirá o acceso a garaxes, e contará con 12 metros de ancho e 114 metros de longo. A xunta de compensación (responsábel do desenvolvemento desta UA) é a responsábel de promover esta obra, que contará cun orzamento próximo aos 250.000 euros e cinco meses de prazo de execución.