SÁBADO 1 ÁS 13.00 H.
Santi Balmes conversará en Pontevedra con Viños Vivos no Mercado

Pontevedra, 20 de febreiro de 2025. A edil de Promoción económica, Anabel Gulías, anunciou, acompañado de Marcos Rivas, unha nova xeira do ciclo de entrevistas ‘Conversas no Primeiro Andar’.
“Trátase da continuación dun ciclo que naceu o ano pasado e do que agora teremos un novo capítulo”, indicou a edil. “Este programa naceu coa vontade de traballar distintos eidos, tales coma o sector vitivinícola e a súa combinación con outros elementos de lecer coma libros”.
Por suposto, o espazo onde se desenvolve esta cita non é casualidade. O Concello mantén o seu compromiso de abrir o Mercado a toda a cidadanía e a novos usos, tal e como foi concibido este primeiro andar nos seus inicios.
Nesta ocasión, será o compositor e cantante Santi Balmes, de Love of Lesbian, que realizará unha presentación do seu libro Un día en mi cabeza. Viños Vivos estarán tamén presentes, traendo da súa man unha selección de viños artesanais. A xornalista Belén López moderará este encontro.
A conversa é aberta ao público, de balde, e ten previsto o seu inicio ás 13.00 horas o vindeiro 1 de marzo, sábado de Entroido.