A activista feminista Amelia Tiganus inaugura a "Eira de Actualidade"

AMELIA TIGANUS NO MULTIÚSOS
AMELIA TIGANUS NO MULTIÚSOS
A activista feminista Amelia Tiganus inaugura a "Eira de Actualidade"

Soutomaior, 21 de febreiro de 2025. Chega a Soutomaior a EIRA DE ACTUALIDADE, un espazo organizado dende a concellería de Benestar Social, e onde as protagonistas serán a divulgación, o debate e a opinión sobre temas de actualidade na sociedade que abrangue diferentes áreas temáticas desde a ciencia, a socioloxia, a saúde, o feminismo...  

A primeira protagonista deste espazo foi AMELIA TIGANUS oradora, escritora, activista feminista e formadora en obradoiros sobre a abolición da prostitución e violencias sexuais. 

Na pasada noite Amelia Tiganus ofreceu, durante preto de dúas horas, a súa conferencia sobre a sexualidade saudable. Unha conferencia onde conseguiu captar a atención narrando en primeira persoa a súa historia persoal, dende a primeira violación que sufriu con 13 anos que fixo que cambiase a súa vida, aos abusos que tamén sufriu do seu tío dende os 7 anos. E como a partir dos 18 foi “convencida” para entrar no mundo da prostitución, un duro relato ao que achegou as e os asistentes a través das súas vivencias que conseguiron emocionar a todas e todos os que estaba no Multiusos. 

Tiganus falou sobre a necesidade e a importancia de traballar nunha educación sexual saudable. Unha educación que se forxa dende que nacemos, a importancia da comunicación, a importancia de decir NON e, o máis importante de todo, a importancia de quererse, por enriba de todo, a unha mesma.

AMELIA TIGANUS NO IES SOUTOMAIOR
AMELIA TIGANUS NO IES SOUTOMAIOR

Esa mesma filosofía foi levada hoxe aos institutos do concello. Amelia Tiganus estivo co alumnado de 1º de Bacharelato do IES Soutomaior e tamén co alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato do Santiago Apóstol. Durante a súa charla falou de moitos asuntos, entre eles, sobre a multitude de páxinas e de vídeos en internet que che din que por sacar fotos dos teus pés gañas moito diñeiro, son páxinas, que teñen un único fin, a violencia sexual está sempre detrás de todo iso. E como ela mesmo dixo cando ela tiña 18 anos non había redes sociais, “captárona” a través doutros métodos que se actualizaron e agora son tremendamente perigosos e chegan a un volume de mocidade altísimo. Por esa razón é importante saber cal é o fin de todo isto, a violencia sexual. 

Coas mozas e mozos Tiganus tamén falou sobre a educación sexual, sobre a liberdade e sobre a importancia do respecto, iso sempre por enriba de todo. E tamén fixo que recapacitasen sobre a empatía, sobre o poñerse na pel do outro, e axudar a buscar as razón polas que un compañeiro, amiga, prima ou noivo está mal, que a axuda e o acompañamento é un piar fundamental cando estás pasando por unha situación complexa. 

EIRA DE ACTUALIDADE contará cunha programación creada para favorecer a aprendizaxe, a construción colaborativa de coñecementos, a nutrición intelectual e emocional e promover a reflexión social.

A activista feminista Amelia Tiganus inaugura a "Eira de Actualidade"