Pontevedra aproba a cesión de terreos para mellorar as infraestruturas deportivas de Salcedo e Marcón

Eva Vilaverde na rolda de prensa
Eva Vilaverde na rolda de prensa
Pontevedra aproba a cesión de terreos para mellorar as infraestruturas deportivas de Salcedo e Marcón

Pontevedra, 16 de outubro de 2025. A alcaldesa accidental, Eva Vilaverde, deu a coñecer a cesión de parcelas que permitirán o desenvolvemento e mellora dos campos de fútbol de Salcedo e Marcón.  Así, na Xunta de Goberno Local foi aprobada a cesión gratuíta destes terreos por parque da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, que suman un total de 37.537 m2 para realizar melloras no campo de fútbol —que pasará a disposicion dos clubs nos vindeiros días—, e que se distribuiría en 24.537 m2 de superficie para o campo de fútbol, 7.355 m2 para o futuro aparcadoiro e 5.660 m2 para os camiños de acceso. 

Esta cesión realízase por tempo indefinido e permitirá mellorar os accesos e dotar de zonas de aparcadoiro —cómpre lembrar que o proxecto de aparcadoiro precisará dun proxecto específico que iniciará o seu camiño unha vez se formalice a cesión—. 

Doutra banda, e no referido a cesión realizada por parte da Comunicade de Montes de Marcón, esta achegaría unha solución a un “problema histórico”, tal e como sinalou Vilaverde, xa que “desbloquea un problema que vén de moitos anos atrás e permitirá a realización de investimentos e actuacións no campo de fútbol da zona logo dos atrancos existentes até o de agora”. 

Así, o Concello pasaría a xestionar os 10.672 m2 durante os próximos 25 anos. O obxectivo primeiro e mellorar a iluminación desta infraestrutura deportiva, iniciándose os trámites para esta actuación nada máis se poida, labor que mellorará substancialmente este espazo. 

A alcaldesa accidental expresou a súa satisfacción cos acordos, que permiten “seguir mellorando as instalacións deportivas municipais” e cumprir cos compromisos de investimento nestas infraestruturas. 

Pontevedra aproba a cesión de terreos para mellorar as infraestruturas deportivas de Salcedo e Marcón