Paz e Liberdade para Palestina

Mobilización por Palestina
Mobilización por Palestina
Paz e Liberdade para Palestina

Pontevedra, 16 de outubro de 2025. O BNG secundou no día de onte o paro de catro horas convocado pola CIG, e sumouse ás manifestacións convocadas para denunciar o xenocidio que Israel está a acometer na Franxa de Gaza, así como a ocupación e a limpeza étnica da Palestina toda, e fíxoo cunha faixa propia esixindo Paz e Liberdade para Palestina.

Pola súa banda, o goberno municipal de Pontevedra cancelou toda a axenda pública entre as 10 e as 14 horas, e os concelleiros e concelleiras que forman parte do mesmo realizaron dúas quendas de parada, co obxectivo de sumarse á convocatoria de paros laborais pola Palestina convocada pola CIG, e que establecía dous paros de catro horas, un de mañá e outro de tarde. 

Ademais, as edís participaron nas distintas mobilizacións convocadas ao longo de toda a xornada, e doarán a parte proporcional do seu salario a UNRWA, a axencia da ONU que traballa cos refuxiados e refuxiadas de Palestina por un futuro digno. 

 

Cartafol fotográfico

Paz e Liberdade para Palestina