O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes recibe a Asociación Peñaflor para parabenizala polos seus 10 primeiros anos

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes recibe a Asociación Peñaflor para parabenizala polos seus 10 primeiros anos

Barro, 16 de outubro de 2025. Este ano conmemóranse os 10 anos de vida de Asociación Peñaflor, a asociación con máis socios do municipio, recoñecida polo seu traballo constante e incansable de dinamización social para toda a veciñanza. O colectivo desenvolve especialmente un labor destacado coas persoas maiores, fomentando a súa participación, o encontro e a implicación na vida local.

O alcalde de Barro recibiu esta semana á directiva de Peñaflor na alcaldía para repasar a traxectoria destes dez anos, coñecer as iniciativas actuais e falar dos proxectos futuros. Na xuntanza, o alcalde destacou: "Peñaflor é moito máis que unha asociación; é un referente de compromiso, constancia e cercanía que contribúe a facer de Barro un lugar máis vivo, inclusivo e conectado. É un orgullo contar con eles como aliados na vida social e cultural do noso municipio."

Durante o encontro, o alcalde tamén reiterou o apoio do Concello ao colectivo: "Como fixemos desde o primeiro día, a colaboración entre o Concello e Peñaflor seguirá sendo unha prioridade. Valoro enormemente o traballo que fan e a capacidade que teñen de involucrar a cada vez máis veciñas e veciños."

Peñaflor destacou, ao longo desta década, pola súa capacidade de organizar actividades que fomentan a cohesión social, a dinamización e a participación veciñal.

A celebración destes 10 anos supón tamén un recoñecemento ao labor da directiva e a todos os socios e socias que, co seu compromiso, consolidaron a asociación como unha parte esencial da comunidade.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes recibe a Asociación Peñaflor para parabenizala polos seus 10 primeiros anos