MARTES 4 DE MARZO NOS CAMPOS MANOLO BARREIRO, MONTE PORREIRO E PONTE SAMPAIO
Pontevedra acolle o campionato de fútbol das seleccións comarcais de Galiza

Pontevedra, 27 de febreiro de 2025. O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentaron a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se vai celebrar o vindeiro martes día 4 de marzo no concello pontevedrés. Pablo Prieto estivo acompañado polo vicepresidente José Manuel Fernández nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anabel Gulías.
Pablo Prieto agradeceu a colaboración do Concello que fai posible a celebración deste evento na cidade, así como a participación dos clubs (Monte Porreiro, Verdugo e Unión Sampaio) no apartado organizativo e remarcou a relevancia dun evento "que concentra un total de 32 selecciones, 16 masculinas e 16 femininas" o que fai un total de 600 xogadores e xogadoras.
O evento concentra a 600 xogadores e xogadoras das categorías Sub13 e Sub11
O presidente da RFGF indicou que este martes van a darse cita en Pontevedra os mellores xogadores e as mellores xogadoras de toda Galiza representando ás seleccións de cada unhas das delegacións federativas. "Todos os que se acheguen aos campos donde se vai a desenvolver a competición van poder ver o futuro do fútbol galego".
E rematou poñendo énfase no feito de que "este campionato vai moito máis alá do ámbito deportivo. Trátase dunha fantástica experiencia para todos e todas as participantes. É un torneo que antes de nada é unha xornada de convivencia que seguramente nunca esquecerán".
O alcalde remarcou a aposta de Pontevedra polo deporte e agradeceu á Federación por pensar en Pontevedra como sede deste campionato, recordando o éxito do Campionato de España que se organizara en xuño de 2022.
Campos de xogo
O Campionato de Seleccións Comarcais divídidese en duas categorías: Sub13 (fútbol 11) e Sub11 (fútbol 8).
A competición Sub13 masculina disputarase no Campo 1 da Cidade Deportiva Manolo Barreiro e a Sub13 feminina no campo 2 da mesma instalación deportiva.
En canto á competición Sub11, a categoría masculina disputarase no Municipal de Monte Porreiro e a feminina no campo de Ponte Sampaio.