Aprobada a adxudicación do contrato de pequenas obras de reparación e mantemento no rural

Pontevedra, 27 de febreiro de 2025. A Xunta de goberno do concello de Pontevedra vén de adxudicar o contrato de pequenas obras de reparación, mantemento e acondicionamento nas vías e espazos públicos rurais á empresa Construcciones E. C. Casas S.L., cunha baixa no prezo do 32,20 %, que se aplicará sobre todos os prezos unitarios definidos no contrato durante a súa vixencia, incluídas posíbeis prórrogas. A contía total do orzamento é de 840.000 euros.
“Produciuse unha suba de 60.000 euros en comparación co contrato anterior”, explica Eva Vilaverde. “Con este contrato queremos acometer todas esas pequenas obras que precisa o rural, como reparación de viarios e accesos e garantie a conexión entre os distintos puntos das parroquias”.
Está contemplada a posibilidade de aumentar a contía do contrato até un 20 %, no caso de que o persoal técnico municipal así o recomenden, co que se podería elevar até 70.000 euros ao ano.