Ernesto Filgueira lamenta a intransixencia do PP ao vetar o recoñecemento a Sandra Fentanes como unha das homenaxeadas con motivo do 8M

Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira lamenta a intransixencia do PP ao vetar o recoñecemento a Sandra Fentanes como unha das homenaxeadas con motivo do 8M

Cerdedo-Cotobade, 28 de febreiro de 2025. O pasado 24 de febreiro nunha sesión extraordinaria da Comisión informativa de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Loita contra a Violencia de Xénero, aprobouse homenaxear a catro mulleres xubiladas que foron pioneiras no mundo empresarial, como exemplo de “superación, resilencia e constancia”: María Inés Cuiñas Vidal, Carmen Vidal Paredes, María Alba Sanmartín Serrapio e Digna Filgueira Rodríguez.

“No BNG apoiamos esta homenaxe, porque son catro mulleres con traxectorias que as fan merecentes do recoñecemento do seu pobo”, afirmou Ernesto Filgueira.

Non obstante, o portavoz nacionalista pedíu que se incluise tamén a Sandra Fentanes Canda, cun perfil que complementaría ás das outras cadro mulleres homenaxeadas, xa que se trata dunha muller nova que se abríu camiño nun sector, o do transporte, tremendamente masculinizado, e que exemplificou á perfección a solidariedade do noso pobo cando non dubidou en levar tres camións de axuda a Valencia para as persoas afectadas pola DINA.

Filgueira lamentou a actitude do PP negándose a incorporar a Sandra afirmando en palabras da presidenta da comisión que “a proposta xa estaba decidida”.  “É unha mágoa que o PP se pechase en banda e se negase a considerar e consensuar as propostas feitas pola oposición”. 

“Penso que o goberno municipal perdeu unha boa ocasión para demostrar equidade, imparcialidade e altura de miras. Para o BNG é de xustiza recoñecer ás mulleres que van ser homenaxeadas por toda a súa traxectoria vital. Pero penso que tamén sería bo recoñecer a quen colle o relevo e defende hoxe, desde a súa xuventude, coa cabeza ben erguida, os dereitos das mulleres e o principio da solidariedade. Mágoa que o PP non o vexa e viñera cunha proposta pechada de antemán e sen posibilidade de ampliación”.

Ernesto Filgueira lamenta a intransixencia do PP ao vetar o recoñecemento a Sandra Fentanes como unha das homenaxeadas con motivo do 8M