O Pazo da Cultura contará cunha rede de protección na súa fachada perante o risco de caída de máis lousas

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura
O Pazo da Cultura contará cunha rede de protección na súa fachada perante o risco de caída de máis lousas

Unha inspección técnica realizada tras a caída dunha lousa detectou que hai máis pezas en risco de caída, polo que se ordenou por emerxencia o peche da terraza superior e a colocación dun valado provisional en distintas zonas do Pazo da Cultura. 

O informe emitido pola oficina técnica de arquitectura recolle o encargo dun estudo de detalle da patoloxía e deseño de medidas preventivas a medio prazo, así como de medidas correctoras a longo prazo; ademais da colocación de protectores a nivel de rúa, a instalación dunha protección para a fachada a través dunha malla de triplo torsión do edificio principal, e a protección de malla para a cristaleira da sala VIP e para a cristaleira que dá a Policía Local. 

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, indicou que xa se tomaron medidas de seguridade, así como se encargou o estudo de detalle xunto coas primeiras actuacións para asegurar a fachada

Deste xeito, o Concello destinará algo máis de 380.000 euros para estas actuacións de emerxencia, sinalando que a preocupación “é máxima”, e que se tomarán as medidas necesarias para garantir á seguridade deste espazo, á espera do que diga o estudo de detalle xa encargado. 

O Pazo da Cultura contará cunha rede de protección na súa fachada perante o risco de caída de máis lousas