Mosquera: "Xa van vinte anos facendo barullo coa dragaxe do Lérez e seguimos no mesmo sitio"
Pontevedra, 14 de maio de 2025. Sobre as últimas novidades e movementos a respeito da dragaxe do Léz, o edil de infraestrutura, César Mesquera, lembrou que xa no ano 2006, a dragaxe do río xa era un asunto que estaba sobre a mesa. Por tal motivo Portos de Galiza realizou uns estudos previos a calquera posíbel intervención, que deron conta da presenza de metais pesados (chumbo, mercurio e ferro) nos áridos. “Isto supón que estes áridos deben ser tratados con cautela e seguindo a normativa. Xa naquel momento foi comentada que a mellor solución era tratalos en terra”, lembrou.
“Falamos de hai xa case 20 anos e aquí estamos de novo. Hai solucións? Hainas. Non son especialista na materia, pero é evidente que hai solucións. O que dubido moito é que estes metais deixaran de estar por si sós nos áridos”, explicou. “Estamos nas mesmas: á espera de informes e estudos que digan o que previsiblemente xa sabemos. Xa van vinte anos facendo barullo con este tema. Semella que moita gana de facer a dragaxe non hai”.
O edil de Infraestruturas, César Mosquera, sinala a falta de interese real desde a Xunta de Galiza á hora de acometer esta actuación no río pontevedrés
Mosquera indicou que a dragaxe do Lérez continúa a dar voltas dun lado para outro, dun estudio para outro. O edil adiantou que no vindeiro pleno, en principio, e dependendo das emendas, “tal e como está a moción do PP, non pode ser votada a favor, non ten sentido”». “Cando un asunto está mal enfocado é que non hai gana de facelo. Que nos falen claro dunha vez. É moi caro? Que o digan. Está claro que non hai interese en levalo a cabo. Ese é o problema de fondo desde o primeiro momento”.