LORES DARÁ UNHA CONFERENCIA O 5 DE MAIO

O modelo urbano de Pontevedra a estudo na universidade alemá de Heidelberg

Benito Corbal
Benito Corbal
O modelo urbano de Pontevedra a estudo na universidade alemá de Heidelberg

O modelo urbano de Pontevedra continúa con recoñecementos internacionais. Desta volta, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participará o cinco de maio nunha conferencia sobre mobilidade sustentábel, convidado pola prestixiosa Universidade alemá de Heidelberg. 

Nesta conferencia, Lores presentará o proceso de transformación da cidade, desde o impulso á peonalización do centro histórico en 1999 ata as medidas de acougado do tráfico: desde a implantación da zona 30 en todas as vías municipais, a instalación de badéns para reducir a velocidade dos vehículos, a implantación da zona 10 no casco antigo e a ampliación, e a implantación da zona de baixas emisións.

O convite da universidade, onde cursaron estudos varios premios Nobel, irá acompañada dunha recepción no Concello de Heidelberg, onde está programada unha reunión co alcalde desta localidade, Eckart Würzner o 6 de maio.

O goberno municipal de Heidelberg puxo en marcha medidas para reducir a contaminación na súa cidade, como promover o transporte público de emisións cero.

O modelo urbano de Pontevedra a estudo na universidade alemá de Heidelberg