Lores pide afondar na cooperación entre Galiza e Portugal

Pontevedra, 18 de febreiro de 2025. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participou este martes, 18 de febreiro, na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico en Viana do Castelo. O rexedor pontevedrés destacou a importancia do traballo do Eixo Atlántico á hora de afondar nas relacións que as distintas cidades e vilas galegas manteñen coas cidades e vilas portuguesas.
“É preciso continuar mellorando as nosas vías de colaboración co país veciño, compartindo obxectivos e retos dentro dos eidos da cultura, a economía e o turismo”, indicou. Todos os integrantes do Eixo comprometéronse a seguir traballando e implantando medidas que permitan seguir mellorando a calidade de vida das persoas das cidades representadas.