Lores participou como ponente no sétima edición do congreso Energy & Climate Summit celebrado en Porto

Lores participou como ponente no sétima edición do congreso Energy & Climate Summit celebrado en Porto

Pontevedra, 5 de xuño de 2024. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participou o pasado martes, 4 de Xuño, na sétima edición da Energy & Climate Summit, un evento creado en colaboración entre o Concello de Porto e o Foro de Enerxía e Clima. 

O congreso, que se celebrou na Alfândega do Porto, promove, segundo a organización “un debate sobre a Descarbonización das Cidades, con convidados nacionais e internacionais que debateron temas como a transición enerxéticas nas cidades, a planificación urbana e a mobilidade, e unha economía máis verde nas cidade”. 

Durante a VII Energy & Climate Summit, tivo lugar a primeira presentación pública do Contrato da Cidade do Clima de Porto, que actualmente está a ser avaliado pola Secretaría de Misión, o Centro Común de Investigación e o Banco Europeo de Investimentos. 

O alcalde de Pontevedra foi convidado a este foro polo presidente do mesmo, Ricardo Campos, co obxectivo de participar como relator no panel titulado “Planificación Urbana e Mobilidade”,. 

A sinopse do panel é a seguinte: «As cidades do século XX estaban cheas de coches, ruído e contaminación, pero hoxe, cunha nova visión e sensibilidade cara ao territorio, é posible facer as cousas doutra maneira. Cada vez é máis importante facer cidades para as persoas, cunha maior aposta por máis e mellor transporte público, con espazos que faciliten a mobilidade peonil e ciclista. Ao mesmo tempo, é necesario descarbonizar os territorios e a mobilidade é un dos retos dunha era na que o home busca unha nova harmonía co mundo natural. Por iso, o debate sobre un novo deseño das cidades, sobre os modos brandos, sobre a intermodalidade ou sobre como facer máis atractivo o transporte público estará á orde do día». 

Lores participou como ponente no sétima edición do congreso Energy & Climate Summit celebrado en Porto