A PARCELA ALBERGARÍA O FUTURO EDIFICIO DAS EMERXENCIAS MUNICIPAIS

Lores logra a unanimidade dos grupos políticos da corporación para a adquisición da antiga parcela de Fenosa na Parda

Lores logra a unanimidade dos grupos políticos da corporación para a adquisición da antiga parcela de Fenosa na Parda
Pontevedra, 4 de xullo de 2024. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores compareceu, despois da Xunta de Portavoces, acompañado polos tres voceiros da corporación municipal de Pontevedra, Eva Vilaverde, Iván Puentes e Rafael Domínguez, para presentar a súa proposta de localización para o futuro edificio de emerxencias municipal, na coñecida como parcela de Fenosa da Parda, unha parcela de 17.000 m2, con cinco naves con 5.600 m2 edificados, que xa formara parte do estudo destinado a coñecer e valorar as mellores alternativas para situar este futuro edificio.

“Quixemos reunirnos para poder tomar a decisión o máis rápido posíbel, consignar unha partida económica e sacar a contratación este terreo”, afirmou o rexedor.  

Lores fía a adquisición deste parcela coa futura construción do edificio de emerxencias municipal, parcela que sería “o lugar ideal para a súa localización pois reúne as mellores condicións segundo o estudo feito: polo tamaño, pola accesibilidade, pola proximidade…”. O alcalde tamén fixo fincapé en que non se pode especificar aínda que servizos concretos irán aí ou como se proxectará o asunto o día de mañá -de seguro irá a Policía Local-, perante a posibilidade de que tamén se instalen alí os servizos de Bombeiros, Protección Civil ou a Policía Nacional. “Hai espazo, sería suficiente, está catalogado como industrial, pero primeiro temos que adquirir o terreo”, sinalou.

O prezo de compra da parcela é de 1,2 millóns de euros ademais dos gastos derivados da adquisición, e tanto o portavoz do PSOE, Iván Puentes, coma o portavoz do PP, Rafael Domínguez, deron o visto bo á súa adquisición para o patrimonio municipal.

Lores logra a unanimidade dos grupos políticos da corporación para a adquisición da antiga parcela de Fenosa na Parda