O FESTIVAL PRIVADO COMPLETENTARÁ A PROGRAMACIÓN MUNICIPAL

Lores dalle a benvida ao Bigsound Festival a Pontevedra

Lores dalle a benvida ao Bigsound Festival a Pontevedra

Pontevedra, 26 de novembro de 2024. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do edil de Cultura, Demetrio Gómez, mantivo este martes, 26 de novembro, unha xuntanza cos organizadores e promotores do Bigsound Festival 2025, que se celebrará en Pontevedra os días 11 e 12 de xullo, contando coa participación de artistas de renome internacional coma Nicky Jam, Omar Montes, Amaia ou Tanxugueiras. 

O rexedor lembrou que o festival chegará o vindeiro ano logo de varios meses de traballo e negociacións entre todos os axentes implicados para a escolla de Pontevedra como espazo para acoller este evento, máis concretamente o parque situado na antiga Tafisa. 

Fernández Lores sinalou que o Bigsound Festival será unha «actividade máis dentro do verán pontevedrés», funcionando como unha cita complentaria “a todas as que programan desde o Concello de Pontevedra”. “É un programa privado que complementa a oferta habitual e só podemos darlles a benvida a Pontevedra e moita sorte e éxitos no que está por vir”. 

Pola súa banda, Jordi Lauren, da promotora PlayPlan, explicou que a escolla de Pontevedra non foi unha casualidade, senón que se procurou dar cun espazo urbano icónico, dar cunha imaxe concreta onde o festival se integre coa cidade. “Non é só un evento que se celebrará en Pontevedra, senón que este convivirá e deixará pegada na cidade”, explicou. “É un reto, realmente é un reto, construír un eventos destas características e dimensións”. 

Toda información sobre o festival poder ser consultada na web oficial do evento, así como a venda dos primeiros abonos. 

Lores dalle a benvida ao Bigsound Festival a Pontevedra