Lores comprobou in situ as actuacions de mellora da estrada municipal que dá acceso ao núcleo da Ermida desde a N-550

Visita de Lores e Mª Xosé Abilleira ás obras de mellora da seguranza viaria na Ermida (Cerponzóns)
Visita de Lores e Mª Xosé Abilleira ás obras de mellora da seguranza viaria na Ermida (Cerponzóns)
Lores comprobou in situ as actuacions de mellora da estrada municipal que dá acceso ao núcleo da Ermida desde a N-550

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira responsábel do Rural, María Xosé Abilleira, mantivo unha xuntanza con distintos veciños e veciñas da parroquia de Cerponzóns, após a finalización dos primeiros traballos de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada municipal que dá acceso ao núcleo de A Ermida dende a N-550. 

As actuacións contemplaron a pavimentación e adecuación superficial dos firmes, considerando o saneo das zonas máis deterioradas, e ampliouse a plataforma na parte sur do trazado cara o leste, conlevando a execución de novos muros de contención aliñados exteriormente a catro metros do eixo da estrada. 

Doutra banda, completouse a actuación coa execución de dous lombos redutores de velocidade, a mellora da rede de drenaxe existente (coa limpeza de cunetas na parte norte e canalización na parte sur), a instalación de colectores de fecais para conectar á rede de saneamento contigua (dando así cumprimento ao acordo plenario no que se apostou por seguir ampliando progresivamente o saneamento ás vivendas illadas do rural) e o pintado de marcas viarias. 

Queda pendente de execución, o revestimento con formigon das cunetas e a instalación da sinalización vertical. Cómpre lembrar que o orzamento base de licitación do proxecto foi de 128.955,24 € (IVE incluído), contando cun prazo de execución das obras de catro meses. 

Este proxecto trátase dunha actuación demandada pola veciñanza da zona, e supón unha importante mellora da seguridade viaria e da accesibilidade xeral para todo o lugar. Ademais, é un exemplo da boa coordinación e colaboración entre o Concello, a Asociación de Veciños da parroquia e os propios residentes da zona, o que permitiu sacar adiante unha actuación necesaria para mellorar o día a día da veciñanza. 

Lores comprobou in situ as actuacions de mellora da estrada municipal que dá acceso ao núcleo da Ermida desde a N-550