Lores: "O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular"

Balance Europeo Ciclocross
Balance Europeo Ciclocross
Lores: "O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular"

Pontevedra, 6 de novembro de 2024. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular porque todo o mundo me comentaba que estaba encantado e non fallou nin o tempo!". Na súa comparecencia estivo acompañado do presidente da Federación galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, que indicou que logo do éxito acadado na fin de semana "Pontevedra pode acadar todo o que se propoña".

Lores confirmou que se trataba dun reto "grande e un soño" que o confirmaron unhas 9.000 persoas que se achegaron á entrega de premios despois da proba masculina de elite.

Ademais supuxo unha grande proxección da cidade "que non é medible dende o punto de vista de repercusión mediática" xa que as probas feminina e masculina de elite foron retransmitidas a 20 países por Eurosport. O alcalde resaltou que eventos culturais ou probas deportivas como a vivida na fin de semana na Illa do Covo "axudan a desestacionalizar o turismo".

"Por lo tanto, todo forma parte dun conxunto de posicionamento da cidade a todos os níveis que ten un resultado inmediato, pero sobre todo vai a dar un resultado despois, porque é sementar para o futuro", explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Lores: "O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular"