Lores alédase de que por fin se dean pasos para que a Variante de Alba sexa unha realidade
Pontevedra, 5 de decembro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, alédase que, despois de anos de obstaculizala o PP, a Xunta dea luz verde á Variante de Alba, unha infraestrutura necesaria e longamente reivindicada tanto polo goberno municipal como por boa parte do movemento veciñal.
Lores afirmou que a situación de parálise mudou após unha reunión co Presidente da Xunta en outubro de 2023, na que este lle recoñeceu que a Variante de Alba era unha infraestrutura fundamental para Pontevedra e comprometeuse a levala a cabo, desautorizando a opinión do PP pontevedrés e o seu portavoz.
“Cando hai decisión política, os proxectos saen”, afirmou o alcalde, que lembrou o caso do Gran Montecelo, actualmente en execución. “unha vez que se tomas as decisións políticas as cousas poden durar un pouco máis ou un pouco menos, pero saen”
Lores solicitoulle á conselleira que o persoal técnico do Concello poida opinar na elaboración do proxecto de trazado definitivo, algo ao que accedeu á conselleira.