PERMITIRÁ CONECTAR SANTA TERESA DE JESÚS JORNET CON HORTAS
Iniciado o proceso para a reforma da parcela sobre as vías do tren na rúa 12 de novembro
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta do inicio do proceso de contratación do acondicionamento e reforma da pasarela sobre as vías do tren na rúa 12 de novembro, que actuará sobre máis de 4.700 metros cadrados e contará cun orzamento de máis de700.000 euros.
A reforma creará unha nova de estancia sobre a plataforma que cobre a vía do tren que contará con zonas axardinadas en ambos os dous lados (perto da calzada e das medianeiras), que permitiá a circulación peonil con seguridade na zona e dará lugar a unha praza de 2.500 m2 cunha fonte e mobiliario urbano.
Un proxecto que, ademais, permitirá conectar a rúa Santa Teresa de Jesús Jornet coa rúa Hortas a través dunha rampla fronte aos novos xulgados.
Unha vez iniciado o proceso de licitación a obra será adxudicada cando entren en vigor os novos orzamentos de 2024.