Grande éxito da campaña"Cartas ao Apalpador" do BNG de Cerdedo-Cotobade

Grande éxito da campaña"Cartas ao Apalpador" do BNG de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade, 21 de decembro de 2020. O BNG de Cerdedo Cotobade lanzou o pasado mércores 16 unha iniciativa nas redes sociais no marco da celebración do Nadal. Trátase dunha campaña dirixida á interacción da veciñanza dun xeito informal e distendido aproveitándose da carismática figura do Apalpador, propio destas datas. Así pois, o obxectivo da mesma consistíu en lograr que os veciños e as veciñas compartiran nos seus perfís as súas cartas dirixidas ao Apalpador. Nelas a veciñanza de idades moi dispares deron conta das súas ideas, das súas propostas, desexos ou reivindicacións co ánimo de acadar melloras para as súas parroquias e concello.

A campaña tivo unha interacción de máis de 113 veciños e veciñas e un impacto de 4,930 visualizacións nas redes sociais

Para tal fin, o BNG colgou nas súas redes toda a información da campaña así como a plantilla a utilizar cunha imaxe moi coidada, froito da aportación do ilustrador Víctor Rivas, veciño de Trabazo-Carballedo.

Cabe sinalar que a participación do Apalpador foi a xeito de pequenos videos que contribuiron a animar a participación da campaña nacionalista “Cartas ao Apalpador”. Neles, comprometeuse a trasladar todas as propostas ao goberno local e avogou para que sexan atendidas ao longo do ano que comeza dadas as necesidades sociais perante a actual situación de pandemia que nos deixa o 2020.

Ernesto Filgueira: “a gran participación veciñal, que sobrepasou todas as expectativas e obxectivos marcados durante a planificación da campaña, resultou ser un indicador das gañas que ten a veciñanza de facer parte activa da vida política e de ser escoitados”.

O grupo do BNG tamén lanzou a súa propia misiva para o Apalpador. Nela apareceron as propostas máis coincidentes coa veciñanza como por exemplo a urxencia de sacar adiante a estrada de Almofrei, conquerir melloras na atención sanitaria nos Centros de Saúde do municipio; extender a fibra óptica nas parroquias e mellorar a prestación dos servizos de luz, teléfono e sinal TV; deseñar uns orzamentos municipais centrados na complexa situación dos autónomos, pequenos produtores, familias e maiores en risco de exclusión social; potenciar a lingua e a cultura do País; apostar pola planificación forestal e aproveitar os montes como xeradores de emprego, ...

A campaña chega hoxe ao seu fin coa publicación do último video no que o Apalpador dá conta das principais reclamacións e necesidades expostas. Unha campaña que remata cunha altísima incidencia (sen contabilizar este último video) nas redes sociais con máis de4,930 visualizacións, post compartidos, comentarios, likes, ...

Campaña en Facebook no hashtag #CartaAoApalpadorDesexosCerdedoCotobade.

Grande éxito da campaña"Cartas ao Apalpador" do BNG de Cerdedo-Cotobade