MASIVA RESPOSTA CONTRA O BRANQUEO DO ESTADO XENOCIDA DE ISRAEL
A Comarca e Galiza dan un exemplo de dignidade e solidariedade cunha condea rotunda do xenocidio en Gaza
Galiza e a comarca de Pontevedra deixaron ben claro durante o transcurso de “La vuelta” polo noso país, que non imos permitir o branqueamento dun xenocidio que se está a acontecer aos ollos do mundo.
Demostramos humanidade, dignidade e solidariedade. Demostramos, máis unha vez, que o pobo galego está contra a violencia indiscriminada, os crimes e a limpeza étnica que Israel está a cometer contra o pobo palestino. Nada, absolutamente nada, pode xustificar que se branquee o estado xenocida de Israel.
Fronte á vergoña da UE, submisa aos EEUU e Israel e cómplice dos crimes de guerra. Fronte á vergoña do PP que se nega a condear o masacre e que borra con pintura negra as mostras de solidariedade co pobo masacrado. Nas mobilizacións en Poio, Pontevedra e Soutomaior, demos unha resposta de humanidade, dignidade e solidariedade.
Como dixo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, en declaración aos medios minutos antes do paso de “la vuelta” por Pontevedra, ”O masacre ao pobo palestino é insostíbel socialmente. É imposíbel pórse de perfil”.
Nin Galiza nin a comarca de Pontevedra nos puxemos de perfil. Demos unha mostra de solidariedade internacionalista que demostrou que somos un pobo combativo e valente, mesmo fronte á represión policial que se viviu nas mobilizacións ao longo do país. E así seguiremos até que se poña fin á barbarie sionista.
Galiza, sempre con Palestina.