O Concello de Soutomaior reparte Axendas Escolares nos centros públicos do municipio
Soutomaior, 10 de setembro de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, fixo entrega das axendas escolares para este curso escolar nos centros educativos públicos do municipio.
Son, en total, 40 as axendas que Manu Lourenzo repartiu para as e os máis peques do concello, na Galiña Azul de Soutomaior, 400 no CEIP Manuel Padín Truiteiro para o alumnado de primaria e 500 no IES Soutomaior.
Unhas axendas que contan con dous deseños, un específico para infantil e primaria e outro, máis xuvenil, para o alumnado do Instituto.
Unha volta ao cole que comezou con total normalidade no concello de Soutomaior coa matrícula de 363 alumnos no CEIP Manuel Padín Truiteiro, de 414 no IES de Soutomaior e máis dunha trintena na Galiña Azul.
Unha axenda que conta con toda a información sobre os períodos vacacionais que o alumnado terá neste curso escolar, das celebracións e festexos locais e das conmemoracións máis destacadas, vencelladas co eido educativo, no que resta de ano e do 2026.