PRAZA DE OURENSE, ATÉ O 18 DE MAIO

‘Fina Casalderrey, medrando entre historias’: a exposición que traza o percorrido vital e literario da escritora pontevedresa

‘Fina Casalderrey, medrando entre historias’: a exposición que traza o percorrido vital e literario da escritora pontevedresa

Pontevedra, 18 de abril de 2024. A vida de Fina Casalderrey xa pode ser compartida, gozada e aprendida a pé de rúa. A mostra ‘Fina Casalderrey. Medrando entre historias’ ocupa xa o seu lugar na Praza de Ourense co fin de homenaxear e contar a historia da escritora pontevedresa máis recoñecida a nivel internacional. 

Escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, conta con 20 paneis nos que a veciñanza e visitantes poderán afondar no percorrido vital e literario da autora candidata este ano ao premio Memorial Astrid Lindgren e o galardón Hans Christian Andersen, o coñecido coma o Nobel da Literatura Infantil. 

A exposición foi promovida por Gálix, co apoio do Concello de Pontevedra, e permanecerá na Praza de Ourense até o vindeiro 20 de maio. A escritora, que estivo presente na súa inauguración, amosou o seu agradecemento ao Concello de Pontevedra e a todos os presentes, lembrando que esta se trata “dunha exposición compartida con todos vós”. 

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que “Fina é o exemplo perfecto de como desde calquera aldea deste país podemos chegar a ser universais sen renunciar á nosa lingua nin á nosa cultura”. 

A continuación das intervencións iniciais, a responsábel da mostra, María Lado, realizou unha visita guiada, acompañada da escritora e de todos os presentes, entre os que figuraban a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes 

‘Fina Casalderrey, medrando entre historias’: a exposición que traza o percorrido vital e literario da escritora pontevedresa