Ernesto Filgueira avoga por un plan consensuado para a reactivación económica de Cerdedo-Cotobade

IMG_0170
Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira avoga por un plan consensuado para a reactivación económica de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade, 8 de maio de 2020. O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, insta aos grupos municipais de Cerdedo-Cotobade a consensuar medidas de reactivación económica que permitan dar osíxeno aos pequenos empresarios e autónomos do concello nun momento social de clara parálise e excepcionalidade a causa do covid19. Neste sentido, Ernesto Filgueira demanda a convocatoria dunha Xunta de Portavoces na que debater e aprobar propostas para un Plan de Reactivación Económica de Emerxencia que minimice o impacto da crise laboral que se achega e evitar unha fonda fenda social [email protected] [email protected] máis vulnerables. 

Ernesto Filgueira considera que este Plan ten que ser un mecanismo de choque que facilite resilencia e confianza aos traballadores e manteña a riqueza do tecido produtivo de Cerdedo-Cotobade. Estas medidas deben ser incorporadas ao Orzamento Municipal polo que o portavoz nacionalista defenderá a necesidade de contar con partidas económicas concretas e ben definidas para que a súa posta en marcha sexa o antes posible dada a urxencia do contexto social. 

Ernesto Filgueira: “Avogo pola presentación de medidas, pola cooperación e o consenso social. É un momento para a política con maiúsculas, con responsabilidade e dende o BNG así o estamos a facer”. 

As principais medidas son:

  • Reforzar a Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apoio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a fenda dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.
  • Instar ás suministradoras a mellorar a liña de internete e/ou no seu caso a crear a estrutura precisa para contarmos cunha capacidade de rede óptima que permita e incentive o traballo online.
  • Posta en marcha dunha campaña promocional a prol do comercio local e [email protected] autó[email protected] que desevolven profesións técnicas e culturais no noso concello. 

 

Ernesto Filgueira avoga por un plan consensuado para a reactivación económica de Cerdedo-Cotobade