Comeza a construción de cuatro novos composteiros comunitarios na Parda e Valdecorvos

Pintor Laxeiro 2
Base de composteiro comunitario en Pintor Laxeiro
Comeza a construción de cuatro novos composteiros comunitarios na Parda e Valdecorvos

Pontevedra, 8 de maio de 2020. O Concello de Pontevedra iniciou nestes días a construción das bases dos novos catro composteiros comunitarios urbanos nos barrios da Parda e de Valdecorvos. A concellaría tiña previsto a instalación destes composteiros, pero viuse na obriga de acelerar a súa colocación polo elevado uso dos veciños e veciñas dos barrios nos que están instalados. De feito, neste período de confinamento o Concello tratou máis de 55 toneladas de biorresiduos, unha tendencia a alza que tamén se rexistra na reciclaxe de papel-cartón, vidro e envases. 

Dos catro novos composteiros comunitarios, dous completarán as unidades agora instaladas en Pintor Laxeiro (A Parda) e na Praza das Regas (Valdecorvos); e se incorporan dous espazos novos no barrio da Parda: a rúa Pintora Maruxa Mallo e a rúa Antón Losada Diéguez. Todos eles serán centros de compostaxe de 10 módulos cada un. 

A empresa Naturgalia, adxudicataria da instalación destas bases, está a traballar nos composteiros da Parda. Xa está moi avanzado o de Pintor Laxeiro e está a construír a base do da rúa Antón Losada Diéguez (ao carón do estacionamento de borde da Parda). 

Na actualidade o Concello ten instalados na zona urbana composteiros comunitarios nas rúas Eduardo Pondal (2), Ponte Boleira (2), Camiño de Ferro (2), Pintor Laxeiro (1), Rúa dos Soutos (1), Praza das Regas (1) e Rúa de Prado Novo (2); e no barrio de Monte Porreiro, nas rúas Alemaña, Europa e Italia. 

E a estes engádese, agora, os catro máis previstos en Pintor Laxeiro, Praza das Regas, Pintora Maruxa Mallo e Rúa Antón Losada Diéguez. 

Os datos confirman a tendencia á alza da concienciación veciñal na importancia da reciclaxe e no tratamento dos residuos, o que permite ao Concello ir afianzando a nova marca Efecto PO2, que quere estender en todos os eidos do traballo municipal como o do tratamento dos residuos sendo unha das principais cartas de visita de Pontevedra. 

 

Comeza a construción de cuatro novos composteiros comunitarios na Parda e Valdecorvos