O Concello de Pontevedra solicita a cesión de dúas parcelas propiedade Estado na xunqueira da Gándara
Pontevedra, 25 de abril de 2024. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta da solicitude formal ao Estado para a concesión ao Concello de Pontevedra de dúas parcelas situadas no ENIL da xunqueira da Gándara.
As parcelas teñen unha superficie de 5.026 e 4.995 metros cadrados, sumando algo máis de 10.000 metros cadrados, e pertencen a Patrimonio do Estado.
Son dous espazos sen uso algún e que, a través de conversas con funcionarios do Estado, poderían ser transmitidas desde Patrimonio do Estado ao Concello de Pontevedra, o que suporía un novo capítulo na recuperación desta zona, após da intervención xa finalizada nos antigos terreos da Deputación de Pontevedra.
“Seguiremos traballando e tramitando diante dos organismos competentes a cesión do resto de espazos que aínda ocupan esta zona”, explicou o rexedor. “A nosa idea é recuperar este lugar, e poñela en valor de cara ao futuro e poñela a disposición da cidadanía de Pontevedra”.